"Soños convertidos en cinzas"

"O rapaz entrou no autobús, buscou rápido coa vista un asento libre e sentou nun do fondo que acababa de deixar un home vestido con chándal. Aquel home esquecerase no asento un maletín negro, semellante ao que utilizan a maioría dos empresarios que aparecen nas películas. Martín, que así era como se chamaba o rapaz, intentou chamar a atención do home que esquecera o maletín antes de que este baixara do autobús, pero non lle serviu de nada, xa que o home non o escoitou e baixou, perdendo de vista ó seu maletín para siempre. Como o autobús volveu a poñerse en marcha, Martín decidiu non darlle máis importancia ó asunto e limitarse a executar o seu papel de maneira natural.

O rapaz, para non pensar no asunto, comenzou a observar a todos os pasaxeiros que ocupaban os distintos asentos do autobús. Entre estes se atopaban unha nena con tenzas que xogaba cun can de peluche, unha moza que tería a súa mesma idade lendo un libro de ciencia ficción e un estudante que repasaba o contido do que parecía ser un libro de medicina forense. "Todos eles son persoas con grandes soños por cumplir e longas historias que contar"-pensaba Martín, e estes pensamentos non lle axudaban moito a controlar as súas emocións.

Ao chegar á seguinte parada Martín baixou, ignorando os seus sentimentos mais profundos e cumplindo o papel que lle fora asignado. Os seguintes instantes duraron horas para Martín, e deulle tempo a pensar en todo o que estaba a facer. O seu último pensamento foi: "Todos eles teñen historias que eu destruín" e, de supeto, o autobús comezou a arder, convertendo mil soños en cinzas"


You Might Also Like

0 comentarios

Holi, gracias por pasarte a comentar en nuestro blog. Te queremos querido lector